Este ano estamos entre os centros seleccionados para participar no programa 'Nena e deporte', impulsado pola Deputación e a firma 'Gesto deportivo', para fomentar a igualdade de xénero en idade escolar a través do deporte.
O outro día estivemos dialogando en círculo, reflexionando e respondendo a diferentes preguntas sobre deportistas famosos e en breves crearemos unha mascota e uns slogans coas nosas conclusións.
Irémosvos informando.
E mentres tanto... a seguir movendo as pernas, e o corazón!
No hay comentarios:
Publicar un comentario