Con Lito tamén xogaron os nenos ao "Marro"e á "Chourizo envenenado".
Cando o tempo non nos acompaña, non queda máis remedio que realizar as actividades en zonas de interior. Nestas imaxes, podemos ver a Lito o monitor da Fundación Xaquín Lorenzo facendo moitas actividades cos nenos.
Desenvolvendo un sinfín de actividades físicas no infrautilizado Eco-Parque do pobo ao que acudimos unha vez por cada trimestre, sempre que o tempo no lo permita.
Espectacular ruta, máis cando se fai cuon tan bo tempo. como o que tivemos este pasado Outono.
En pleno Outono atopamos un prado cheo de Azafrán, os nenos desfrutaron moitísimo.
En Outono o bosque está cargado de vida, castañas e cogumelos decoran os nosos camiños.
Un mércores máis xa do mes de novembro, tocounos saír hacia unha das zonas máis bonitas do Irixo, pasamos por muíños, por pobos con encanto ( Porto da Veiga, A Condomiña), cruzamos o río Viñao, e por último chegamos as Laxas, a través do corredor dos Hórreos.
Muíño en pleno funcionamento na Condomiña |
Corredor de Hórreos ( As Laxas) |
Esta terceira xornada consecutiva de saídas, levounos ata o pobo de Saavedra ( antiga cuna de canteiros) a nosa grande sorpresa foi atopar un montón de flores do Azafrán, os nenos e nenas quedaron abraiados. Máis fotos.
Hoxe, segundo mércores de outubro como nos acompaña o bo tempo podemos realizar a segunda saída, eleximos esta vez a ruta alternativa de Vila, aínda que hai que ir un anaco pola carretera, merece a pena o esforzo, ao principio a costa arriba faise dura, pero despois ven unha boa recompensa, un moi bo xantar, sobretodo saudable. FOTOS
1ª ruta do curso 2018/2019, decantámonos por ir visitar á xente do pobo de Orros, sempre nos reciben, ademais de con cans, tamén con moito cariño e agarimo. Era unha mañá espléndida de outono, nas FOTOS podedes comprobar a beleza de estar inmersos na paisaxe natural.
Marabilloso camiño, moi preto do Colexio |
No hay comentarios:
Publicar un comentario