Que estarán a argallar os nenos e nenas da clase de 5º e 6º?
Levamos uns días véndoos facer cousas raras. Andan descalzos, tíranse polo chan, suben un por riba doutros…?
Seguro que algo teñen en mente pero, que será?
Que estarán a argallar os nenos e nenas da clase de 5º e 6º?
Levamos uns días véndoos facer cousas raras. Andan descalzos, tíranse polo chan, suben un por riba doutros…?
Seguro que algo teñen en mente pero, que será?
Hoxe aproveitamos o bo tempo para saír a xogar ao patio. E xa que estabamos ao aire libre e dado que as medidas Covid están máis relaxadas, organizamos unha partida de brilé, 3º/4º fronte a 5º/6º. Ao manterse cada equipo nos seus espacios, os nenos e nenas de diferente aula non se mesturaban.
Cal das dúas clases credes que o fixo mellor? 3º/4º que era un equipo moito máia grande? Ou 5º/6º que a pesar de ser menos, son maiores e teñen máis forza?
Hoxe foi día de relacionar a clase coa situación social actual.
Xogamos a “Declaro la guerra” ou “Sangre” e a “Bomba”. Ambos teñen nomes “bélicos”, e por iso aproveitamos para reforzar a idea de que as dos xogos deben ser as súas únicas “batallas” e que sempre serán amigables. Que o compañeirismo, a axuda mutua, o respecto… son as actitudes que os deberán acompañar sempre. E que a través da violencia nunca conseguiremos arranxar os problemas.
E dito esto, todos/as xogaron e desfrutaron con estes xogos aos que dedicaremos tamén a próxima semana.
Hoxe tocou xogar con globos. 🎈 🎈 🎈
Organizamos as dúas clases en parellas e entregámoslle un globo a cada parella. Así realizamos diferentes actividades.
Era importante ter coidado para realizar as tarefas sen estoupar os globos, pero non todas as parellas o conseguiron.
Nos últimos días continuamos con xogos tradicionais e populares, e practicamos algúns como o xogo do pano, carreira en parellas cos pés atados, tiro á corda…
Pasárono moi ben… iso si, algunha que outra caída si que vimos.
Novo ano, nova avaliación e novos contidos a traballar, e é que durante os próximos meses imos desenvolver diferentes xogos tradicionais e/ou populares.
Para comezar fixemos un dos xogos favoritos do noso alumnado, o brilé. Un xogo moi completo que nos permite desenvolver moitas habilidades motoras e todo desde un ambiente totalmente lúdico.
Que xogos practicaremos nas próximas semanas??