Hoxe foi día de relacionar a clase coa situación social actual.
Xogamos a “Declaro la guerra” ou “Sangre” e a “Bomba”. Ambos teñen nomes “bélicos”, e por iso aproveitamos para reforzar a idea de que as dos xogos deben ser as súas únicas “batallas” e que sempre serán amigables. Que o compañeirismo, a axuda mutua, o respecto… son as actitudes que os deberán acompañar sempre. E que a través da violencia nunca conseguiremos arranxar os problemas.
E dito esto, todos/as xogaron e desfrutaron con estes xogos aos que dedicaremos tamén a próxima semana.
No hay comentarios:
Publicar un comentario