Tras realizar unha enquisa entre o alumnado dos cursos de 3º a 6º de Primaria e as familias de todos os nenos e nenas que participaron no Plan Proxecta de actividade física, podemos afirmar que os resultados foron moi satisfactorios.
O feito de ter unha hora extra de actividade física coma as actividades realizadas nesa esa hora, gustaron moito a unha ampla maioría de nenos/as e familias.
Entre todas as actividades realizadas, as que mellor acollida tiveron parecen ser a de bádminton/palas e a de orientación.
E con respecto ás propostas de mellora, citáronse varias actividades novas para practicar: parkour, bicicletas/patíns/patinentes, sendeirismo, ximnasia, xogos tradicionais, teatro...
No hay comentarios:
Publicar un comentario