domingo, 18 de abril de 2021

Comezamos a orientarnos

 Co comezo do 3º trimestre, o noso alumnado comezou, dentro do Plan Proxecta, a traballar actividades de orientación.

Como primeiros pasos, realizamos unha búsqueda a partir dun plano ou croquis, neste caso, do polideportivo. Fixemos equipos e emparellámolos, de maneira que un equipo escondía unha serie de sinais e marcaba no plano a súa localización. Posteriormente entregábase ese plano ao outro equipo, que tiña que realizar unha búsqueda, tratando de facelo o máis rápido posible.

Nesta primeira toma de contacto todos/as eles/as desfrutaron moito da actividade e están desexando xogar de novo.






No hay comentarios:

Publicar un comentario