miércoles, 9 de diciembre de 2020

Práctica de malabares

Dentro do PDC (Proxecto Deportivo de Centro), estamos a traballar os malabares. Comezamos elaborando as nosas propias pelotas para posteriormente utilizalas co fin de aprender a facer malabares con 3 pelotas. Para iso comezamos practicando lanzamentos cunha soa pelota e unha man; despois pasamos a lanzar e intercambiar 2 pelotas cunha soa man; e finalmente chegaremos aos malabares, coas 3 pelotas e as 2 mans.

Nas dúas primeiras sesións xa observamos un gran progreso en todo o alumnado, mais aínda nos queda traballo por diante ata chegar á meta. Pero como dicimos na clase, todo é cuestión de practicar.




No hay comentarios:

Publicar un comentario