miércoles, 18 de junio de 2025

I Torneo Deporte e Familia 2025

Vai unhas semanas tivemos a sorte de poder desfrutar dunha mañá moi divertida xogando ao fútbol coas familias e o profesorado e alumnado. 

Ademais, tivemos o orgullo de poder contar con deportistas da zona que nos acompañaron nesta xornada, como Tarsi, Paqui e Xiana, que non dubidaron en achegarse ata o Irixo para deixarnos desfrutar do seu talento na pista (e fóra dela). 

Foi unha mañá divertida e calurosa, con moitas risas, algún que outro gol e ningunha lesión. 
Saiu tan ben que xa hai xente entrenando para a próxima porque....repetiremos!

Quen move as pernas...move o corazón!


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario