miércoles, 22 de mayo de 2024

Xogando co atletismo

 Hoxe fomos os benxamíns a competir en xogando co atletismo ata Amoeiro. 

Foi un día de moitas emocións e aventuras novas. 

Pasámolo moi ben, rimos moito, e movemos as pernas... e o corazón!









miércoles, 8 de mayo de 2024

Orientación

Hoxe tocounos ir ata Ribadavia para desfrutar dunha xornada de orientación. 

Volvemos os mesmos que fomos así que...un éxito de xornada. 

Foi divertido ter que empegar os mapas e as balizas para coñecer a zona e investigar, estabamos algo nerviosos e nerviosas pero pasámolo moi ben. Unha experiencia nova!

Houbo moito traballo en equipo, nervios e emoción, foi un bo día para mover as pernas e o corazón!  


















miércoles, 24 de abril de 2024

Dragóns

 

Hoxe achegámonos a Castrelo de Miño e fomos remar nos 'dragóns', toda unha aventura!
O tempo non nos acompañou moito pero aí seguimos nós, remando contra vento e marea para desfrutar da xornada. 
Pasámolo moi ben e a volta no bus foi moi relaxada!
Hoxe movemos máis os brazos que as pernas, pero tamén movemos o corazón!









miércoles, 10 de abril de 2024

Seguimos

Seguimos preparándonos para a convivencia, practicando os xogos que faremos mentres nos divertimos e traballamos en equipo.

Non nos cansamos de mover as pernas... nin o corazón!




 

miércoles, 3 de abril de 2024

Atrapa a bandeira

Seguimos cos mércores de movemento. Esta semana tocou estratexia e velocidade co xogo 'atrapa a bandeira'. 

Corremos, pensamos, planificamos, falamos, corremos máis.... e sobre todo, pasámolo moi ben! 

Gustounos moito e queremos máis, así que, seguiremos! Porque quen move as pernas... move o corazón! 







miércoles, 20 de marzo de 2024

A porca

 Esta semana tivemos a sorte de que viñesen ensinarnos novos xogos tradicionais. 

Aprendemos e vivenciamos a 'porca' e outros xogos de persecución e habilidade. 

Pasámolo moi ben, rimos moito e gustounos aprender algo que non coñeciamos. 

Seguiremos aprendendo e xogando a estes xogos cando poidamos. 

E seguiremos movendo as pernas....e o corazón! 








jueves, 7 de marzo de 2024

ATLETISMO AMOEIRO






 












O outro día fomos ata Amoeiro a desfrutar dunha xornada deportiva onde realizamos diferentes probas de atletismo con outro colexio. 
Houbo moitos nervios pero moita diversión. 
Preparándonos para máis!
Quen move as pernas.... move o corazón!