XOGADE 2018/ 2019

EMOTIVO XOGANDO AO ATLETISMO

Que mellor maneira de pechar o curso deportivo 2018/ 2019, que facelo coa proba de Xogando ao Atletismo, nas categorías Benxamín e Alevín. Mostrar imaxes
Aquí podemos ver a CLASIFICACIÓN POR PROBAS por equipos e as marcas acadadas polos moitos participantes.

Espectacular salto de valados
Tamén se poden ver máis fotos clicando no seguinte enlace . Nesta xornada tamén luciron a gran altura os alumnos do noso Colexio, preme aquí. Tamén podes ver o seguinte vídeo  

CAMPIONATO DE MINIBALONMÁN

Esta é unha das imaxes que se diron no XIVº Campionato de Minibalonmán que celebramos na Comarca do Carballiño. A clasificación foi a seguinte: 1º Maside, 2º Boborás, 3ª Cambeo A, 4º Amoeiro, 5º O Irixo e 6º Cambeo B. No seguinte enlace podedes ver máis fotos

COMPETICIÓN DE BADMINTON


     Foron o pasado día 21 de febreiro e o 28 do mesmo mes, os días elexidos para celebrar as finais de Bádminton nas categorías Alevín e Infantil-Cadete respectivamente. 
  Cada ano son máis os colexios que participan nesta competición proba de que os deportes "minoritarios" tamén teñen o seu gancho. Soe ser unha actividade moi atractiva para os nenos nos Colexios, pero cando disputan a final, o ambiente que alí se respira fai que sexa todo máis especial.
     Na categoría Alevín as medallas estiveron repartidas entre tres centros. BOBORÁS, AMOEIRO E IRIXO, na competición dos máis maiores, tamén estivo moi repartido neste enlace podedes ver as imaxes. Tódolos partidos estiveron moi igualados pero destacamos a grande deportividade entre todos. 
Lucía Bernárdez Campioa do torneo de Bádminton Alevín Feminino

FINAL COMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS

     Aínda que o día ameazaba con chover, agás na primeira proba tivemos un día ideal para realizar a práctica do Campo a Través. Nesta proba clasifícanse para o campionato provincial que será o 2 de febreiro en Monterrei ( Ourense), en cadetes tódolos equipos que queiran e no resto das categorías os dous clubes que figuran na clasificación, máis os deportistas individuais que aparecen. Non foi a mellor carreira para os nenos do Irixo, aínda así regresamos moi contentos por convivir un día máis con tantos centros da nosa contorna.
     Pinchando aquí podes ver as fotos que sacou a profe Ana

Saída carreira Infantil Feminino
Saída carreira IF ( Foto Michel)

No hay comentarios:

Publicar un comentario