viernes, 13 de octubre de 2023

De ruta polo Irixo

Mércores de aventura! 

Xuntámonos tódolos cursos para facer unha saída pola contorna e coñecer un pouco máis o pobo onde se atopa o noso colexio.

Descubrimos algunha que outra ruta que queremos investigar, e seguimos cooperando xuntos facendo un xogo que non coñeciamos pero que nos encantou!!

Aproveitamos as nosas fortalezas para axudarnos entre nós e ir paseando en parellas de maiores e pequenos, para axudarnos, coidarnos e animarnos entre todos.

O paseo foi divertido e soleado, vimos animais, prantas, casas, xente….e ao chegar ao parque... Ana sacou da bolsa un xogo novo que descubriu nalgún rincón de Bélxica e co que rimos un montón.

O xogo consistía en agarrar todos á vez unhas cordas e coa axuda dun gancho ir collendo bloques de madeira e apilalos uns por riba dos outros ata formar unha torre ben alta. 


A verdade que para ser a primeira vez, non se nos deu tan mal!

Aquí deixamos unha demostración gráfica do ben que o pasamos para compartilo con vós.

Iremos pensando na seguinte mentres non nos esquecemos de que quen move as pernas….move o corazón!

Bo día!



















No hay comentarios:

Publicar un comentario