O final deste curso estivo cheo de actividades que o convertiron nun "non parar" e iso deixounos sen demasiado tempo para rematar algunhas cuestións, neste caso, as enquisas. Non nos deu tempo a recollelas todas, pero si que recibimos unha cantidade significativa delas, e en base a iso presentamos os resultados obtidos.
Tras analizalas vemos que ter unha hora extra á semana de actividade física é todo un éxito, tanto para o alumnado como para as familias, polo que continuaremos traballando na mesma liña.
E por suposto teremos en conta as propostas que nos aportades, tratando de dar resposta a todas as peticións que sexa posible abordar.
E por suposto, queremos dar as gracias pola vosa colaboración.
No hay comentarios:
Publicar un comentario