Carreira de sacos e mariola
No día de hoxe retomamos o traballo de xogos tradicionais.
Comezamos cunha carreira de sacos por equipos e facendo relevos.
E continuamos coa mariola, mariquita ou peletre, tamén por equipos e por turnos. Cando alguén superaba un nivel do xogo, ou erraba, pasáballe o turno ao seguinte.
Todos desfrutaron das actividades e implicáronse moito para contribuír ao avance do seu equipo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario