Hoxe comezamos a facer xogos de orientación coa clase de 1º e 2º.
Para aprender, o primeiro que fixemos foi marcar lugares no plano e que cada equipo os localizase e se situase neles. Ao principio costounos un pouco comezar a interpretar o plano, pero pouco a pouco conseguimos identificar todas as zonas marcadas. E agora, xa estamos listos para esconder e buscar todas as marcas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario