XOGANDO AO ATLETISMO EN CEA
Foi este pasado xoves 25 de maio, cando celebramos a última proba do XOGADE neste curso 2016/ 2017. Celebrouse por primeira vez no colexio de Cea, e tivemos unha acollida extraordinaria, Foi unha grande xornada de convivencia e deportividade. Podedes ver o resultado en imaxes premendo no seguinte enlace ou visionando o seguinte vídeo que nos fixeron dende o Colexio de Cea.
XOGANDO AO MINIBALONMÁN 2017
Un ano máis celebrouse o Campionato de Minibalonmán, foi no Pazo Paco Chao do Carballiño, e nel participaron 5 colexios e seis equipos na Categoría Alevín Mixto. Pinchando aquí podedes ver tódalas fotos do evento. As clasificacións foron as seguintes:
- CPI ANTONIO FAÍLDE A ( CAMBEO )
- CEIP OTERO PEDRAIO ( AMOEIRO)
- CEIP NOSA SENHORA DE XUVENCOS ( BOBORÁS)
- CPI NOSA SEÑORA DA SALETA ( CEA )
- CEIP VIRXE DA PENA DA SELA ( O IRIXO )
- CPI ANTONIO FAÍLDE B ( CAMBEO )
FINAL DE BÁDMINTON 2017
Martín e Samuel (1º e 3º ) co representante de Amoeiro (2º) |
Un ano máis desenvolveuse a final de Bádminton ( antes realizáronse as distintas eliminatorias dentro de cada centro, para seleccionar aos catro mellores de cada categoría, tanto masculino como feminino). As moi boas instalacións do IES Nº 1 do Carballiño, viron aos mellores xogadores de Bádminton da Comarca. Os primeiros en debutar foron os Alevíns, destacando as dúas medallas dos representantes do Irixo (1º e 3º ) na categoría Alevín Masculino, o segundo clasificado foi o representante de Amoeiro. Na categoría Feminina foi o Vila do Arenteiro que copou os primeiros postos. Á seguinte semana foron os máis maiores na categoría Infantil e Cadete os que celebraron a súa final. Pinchando AQUÍ podedes ver moitas máis fotos
2ª PROBA DE CAMPO A TRAVÉS.2 FEBREIRO DE 2017
As benxamíns preparadas para participar na carreira |
O xoves 2 de febreiro celebrouse no Puzo do Lago en Maside a final Comarcal de Campo a través a cal da dereito a participar no Campionato Provincial ( Monterrei- Ourense o 18 de febreiro de 2017) aos oito primeiros individuais e aos dous primeiros equipos de cada categoría. Foi un día espléndido con unha participación moi numerosa. Unha vez máis temos que salientar o bo comportamento de tódolos nenos e nenas destacando a conviviencia e o Fair-Play. O noso Colexio tivo unha moi boa actuación, aínda que non logramos ningunha medalla temos que salientar a clasificación de varias nenas para a final do Campionato Provincial.
As clasificacións individuais e por equipos podédelas consultar nos seguintes enlaces:
1ª PROBA DE CAMPO A TRAVÉS. NOVEMBRO DE 2016
O martes 29 de novembro participamos na 1ª proba de Campo a Través organizada pola Agrupación Deportiva Arenteiro, dentro do programa XOGADE ( Secretaría Xeral para o Deporte). Acudiron tódolos alumnos de primaria agás os de 1º, e tivemos unha moi boa clasificación. Aínda que o máis importante foi a xornada de convivencia con 500 alumnos máis de 11 centros da Comarca. Aquí podedes ver moitas fotos e tamén as distintas clasificacións. No seguinte enlace verás máis fotos