CURSO 2015-2016

PROBA FINAL DE XOGANDO AO ATLETISMO


Foi o trinta de maio cando celebramos no parque do Carballiño a VIIIª proba de Xogando ao Atletismo. O nos Colexio participou nas dúas categorías, Benxamín e Alevín, e nos dous rematamos como terceiros clasificados. Houbo moitas probas tanto individuais como colectivas, nas imaxes vemos a dúas mestras do Colexio entregando os trofeos nas distintas categorías. As fotos pódense ver aquí
Categoría Benxamín
Categoría Alevín

ACTIVIDADE LÚDICA DE ORIENTACIÓN

Despois de varios anos solicitando actividades lúdicas ( todos sabemos o difícil que e poder realizalas ) por fin este ano 2016 conseguimos realizar unha actividade lúdica de orientación  no incomparable marco do parque do Carballiño, a actividade foi desenvolvida polo Club Peña Trevinca con dous expertos, que souberon en todo momento conectar cos rapaces e transmitirlles a esencia deste deporte emerxente. Na galería de imaxes pódese ver como se desenvolveu a actividade.

XI CAMPIONATO DE MINIBALONMÁN

     Este pasado mércores 20 de abril, celebramos no Pavillón Paco Chao a celebración da XI proba de Minibalonmán. Foi unha xornada moi bonita, e moi competida, gañou o Colexio do Irixo, pero tódolos colexios estiveron a un grande nivel. Aquí podedes ver fotos e tamén as clasificacións finais.

IMG_0287
COMPETICIÓN DE FÚTBOL-SALA



Facendo o quecemento antes dos partidos
     Foi o dezaseis de marzo cando se fixo a concentración de Fútbol-Sala, aproveitando a convivencia con outros tres centros. Realizouse no Colexio de San Amaro, e a conpetición disputouse na modalide de mixto e nas categorías Alevín e Benxamín. Os partidos estiveron moi disputados, pero sobre todo reinou a amizade por enriba de calquera rivalidade. As fotos de toda a convivencia pódense ver premendo aquí
2º CAMPIONATO DE BÁDMINTON. CATEGORÍA ALEVÍN.
Alejandro é o da esquerda e acadou a medalla de prata
     Este pasado dous de marzo, celebrouse no IES Nº 1 de O Carballiño a 2º edición do Campionato de Badminton na súa categoría Alevín. Participaron os Colexios de Amoeiro, Boborás, Irixo, Vila do Arenteiro e Calvo Sotelo. Tódolos partidos estiveron moi disputados e reñidos, primando a xogo limpo e unha competitividade sana. Polo nos Colexio o gran triunfador foi Alejandro de 6º curso que foi quen de acadar un meritorio 2º posto conseguindo d medalla de prata do torneo na modalidade masculina. O resto dos participantes do Colexio fixeron un papel máis que digno e adquiriron unha grande experiencia neste tipo de eventos.


Fotos Badminton
2ª PROBA DE CAMPO A TRAVÉS . PUZO DO LAGO ( MASIDE 2016)

Presente, e 
Futuro










     Este martes dous de febreiro, celebramos no Parque Natural do Puzo do Lago no Concello de Maside, a XVIª edición da carreira de Campo a Través, organizada pola Agrupación Deportiva Arenteiro, patrocinada pola Secretaría Xeral pra o Deporte e coa inestimable colaboración do Concello de Maside e tamén de tódolos mestres que dalgunha maneira colaboran na organización e bo desenvolvemento desta actividade. O Colexio de O Irixo volveu a acadar unha medalla a través de Diego Chan, na Categoría IM, pero o máis importante é que o 90% dos alumnos que podían participar, fixérono, acadando unha xornada vespernina de convivencia e boa saúde.
Fotos Campo a Través

1ª PROBA DE CAMPO A TRAVÉS . PUZO DO LAGO 

( MASIDE 2015)
Este xoves 26 de novembro celebramos no Puzo do Lago ( Maside ) a 1ª probade Campo a Través deste curso 2015-2016. A participación foi impresionante, máis de 650 alumnos de 12 centros de EP, CPI e IES, tiveron unha xornada de convivencia na que non faltou de nada, incluso a choiva aínda que miuda fixo acto de presenza. nos seguintes enlaces poderedes ver a clasificación das distintas categorías. Si queredes acceder a ligazón das imaxes premede no botón que está debaixo . Entre todos eses colexios estaba o noso que é moi pequeno, pero que cada ano é quen de obter ademais dunha grande participación algúns resultados moi honrosos. Esta nao tocoulle ao nos alumno de 6º curso Diego Chan, que foi quen de obter a medalla de bronce, na categoría Infantil Masculino.

images 2
  
Fotos Irixo

ALEVÍN FEMININO   ALEVÍN MASCULINO  BENXAMÍN FEMININO BENXAMÍN MASCULINO CADETE FEMININO CADETE MASCULINO INFANTIL FEMININO INFANTIL MASCULIN





MAIS E MELLOR ACTIVIDADE FÍSICA
NA ÍNSUA DOS POETAS

Fotos
   Foi na Ínsua dos poetas onde unha vez máis participamos nunha actividade cultural, pero que tamén nos relacionou un pouco máis co medio que nos rodea. Alí acudimos un montón de centros educativos de educación primaria, institutos, etc.... o noso obxectivo final era o de prantar un freixo que quedase como símbolo do noso compromiso co medio ambiente e a conservación dos espacios naturais. 


CONTRIBUINDO A MELORAR O NOSO PLANETA


     Un ano máis participamos na celebración do día da árbore, nos fixemos a plantación o 18 de marzo, venres, o mal tempo impedíu que puidesemos estar máis tempo fora para realizar os xogos que tiñamos previsto. Logo os nenos recibiron cada un o seu libro "DONA PINGA E DON CARBALLO FAN AMIZADE" agasallo da deputación . Este libro axudaranos a saber un pouco máis do patrimonio natural de Ourense e de Galicia.

RECREOS MÁIS QUE SAUDABLES


Esta vez foi Puri, quen a través da Consellería de Sanidade nos achega unha morea de bos consellos de carácter saudable para ter en conta cada día da semana e no tempo de lecer no centro educativo, que unido aos hábitos hixiénicos de limpeza de mans e bucodentais, fai que os nosos alumnos sexan máis sans cada día. Pero como non se trata so de comer, antes os nenos traballaron arreo para aprender as teorías dos alimentos e despois xogaron e se divertiron no patio do Colexio. As fotos do evento pódense ver aquí.
                                       XOGOS TRADICIONAIS E POPULARES
Lito explicando un xogo aos nosos alumnos
     Foi a comezos do mes de febreiro cando tivemos no noso centro, a presenza de Lito o monitor da Deputación Provincial de Ourense, que a través da Fundación Xaquín Lorenzo nos achega cada ano os distintos xogos,  aos que xogaban os nosos antergos. Nos ensinan como eles mesmos elaboraban os seus propios xoguetes, e como había un montón de xogos bailados que hoxe fan a ledicia de todos nos. Esta vez tivemos xogos bailados e tamén xogamos a Billarda, tivo que ser dentro do Pavillón xa que, o mal tempo estaba fora. Premendo aquí podemos ver aos nosos alumnos xogando e bailando.

ANDAINA DE SAAVEDRA


     Este mércores nove de decembro realizamos a cuarta saída de Sendeirismo nos arredores do noso concello. Esta vez fumos ata os pobos de Saavedra, Dadín , As Laxas e A Ponte, podedes ver máis fotos aquí

ANDAINA DA CONDOMIÑA



     O mércores 18 de novembro, fixemos a terceira andaina deste curso, o tempo nos está acompañando, e permite que teñamos unha hora máis de Educción Física facendo sendeirismo e descubrindo lugadres novos. Nesta terceira saída fixemos a ruta da Condomiña, un pobo preto do Irixo, no que tradición e cultura van ligados da man. Antes tivemos que pasar polo Abanico, A Esfarrapa e polo Porto da Veiga

ver fotos

CELEBRACIÓN DO MAGOSTO





                                                                                 fotos do Magosto


    Foi no propio día de San Martiño, cando celebramos o noso Magosto escolar, despois dunha boa andaina matutina, e logo dun xantar propio dun Magosto, dedicamos a tarde a facer xogos, bailes e sobre todo unha grande fogueira, na que asamos as castañas que tódolos nenos trouxeron da súa casa. Como podedes apreciar nas fotos, as actividades sempre teñen unha orientación lúdico-deportiva, xa que consideramos que a mellor forma de combatir os hábitos sendentarios que pouco a pouco van  impoñéndose na nosa sociedade.

SAÍDA CULTURAL A ALLARIZ   

   
   

                                                          

  Na zona de ourense é obrigado facer unha visita a vila de Allariz, pola súa fermosura e ademais polas actividades que ofrece aos alumnos. Visita de museos e tamén actividades deportivas, que están fora do ámbito escolar, pero que nos consideramos fundamentais para o desenvolvemento da nasa tarefa docente.   
                                                              



ANDAINA DO CASTRO DE ORROS

A lenda de Xurenzás
( ao fondo aparece enterrada a figura do xigante)
VER MÁIS
Ver ruta
     Foi o mércores día de San Martiño, cando tódolos alumnos de primaria do Colexio fixemos a ruta do Castro de Orros, un lugar que leva ahí moitos anos e que agora descubrimos grazas a que se acondicionaron as rutas que nos levan ata él. Acompañounos Nemesio, arqueólogo e bo coñecedor da historia destes castros que coa súa didáctica fixo que os nenos saiban un pouco máis dos nosos ancestros. Ademais do Castro o camiño merece a pena facelo pois demostra a grande variedade de flora, fauna e recursos que
nos regala a natureza. Aqueles que queiran visitar a ruta e ter un momento saudable non dubidedes en descargar a ruta

ANDAINA DE VILA


https://plus.google.com/photos/105430762471573488151/albums/6216186810811371857     A 1ª andaina deste curso realizámola ao cercano pobo de vila, onde o noso paso supón unha ráfaga de aire fresco, os alumnos puderon falar coas xentes do pobo, recoller castañas ou admirar a nai natureza en todo o seu esplendor outoñal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario